Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 20 de novembro de 1996 Páx. 10.457

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 1996 pola que se renova e amplía a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó Laboratorio Control y Estudios, S.L. (C. y E., S.L.).

De acordo co establecido nos artigos 2 e 3 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro (DOG do 24 de setembro de 1990), polo que se aproban as disposicións reguladoras específicas da acreditación de laboratorios de ensaio para o control de calidade da construcción, e a proposta da Dirección Técnica de Construccións e con informe favorable do LACACE, conforme establecen os artigos 12 g) e 20 a) do Decreto 108/1991, do 27 de marzo (DOG do 12 de abril), esta Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo resolveu:

Cancelar, por cambio de área, a acreditación e inscrición no Rexistro de Laboratorios de Ensaio para o Control de Calidade da Construcción a C. y E., S.L., en:

-HC, Área de formigón en masa, de cemento, de áridos e de auga co número 15040HC93.e.

Concede-la acreditación e a súa inscrición no Rexistro de Laboratorios de Ensaios para o control de calidade da construcción a Control y Estu

dios, S.L., con domicilio no polígono industrial da Gándara, parcela-123. 15407 Narón (A Coruña), polo prazo e condicións a que se refire o artigo 4 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro, nas áreas de:

-HA, Área de control de formigón en masa ou armado e os seus materiais constituíntes: cemento, áridos, auga, aceiro para armaduras, adicións e aditivos co número 15057HA96.

-ST, Área de mostras inalteradas, ensaios e probas in situ de solos co número 15058ST96.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 1996.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo