Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 20 de novembro de 1996 Páx. 10.456

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 1996 pola que se lle renova e amplía a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó laboratorio Estudios e Proxectos Técnicos Industriais, S.A.(EPTISA).

De acordo ó establecido nos artigas 2 e 3 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro (DOG do 24 de setembro de 1990) polo que se aproban as disposicións reguladoras específicas da acreditación de laboratorios de ensaio para o control de calidade da construcción, e por proposta da Dirección Técnica de Construccións e con informe favorable do LACACE conforme establecen os artigas 12 g) e 20 a) do Decreto 108/1991, do 27 de marzo (DOG do 12 de abril), a Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo resolveu:

Renova-la acreditación e a súa inscrición no Rexistro de Laboratorio de Ensaios para o Control de Cali

dade da Construcción a Eptisa, con domicilio en edificio Rutis, nº 63-15174 Vilaboa-Culleredo (A Coruña), polo prazo e condicións a que se refire o artigo 4 do anexo do Decreto 441/1990, do 6 de setembro, nas áreas de:

-AP, Área de ensaios de laboratorio de perfís e barras de aceiro para estructuras, co número 15001AP91.

-AS, Área de control in situ da execución da soldadura de elementos estructurais de aceiro, co número 15002AS91.

-HA, Área de control de formigón en masa ou armado e os seus materiais constituíntes: cemento, áridos, auga, aceiro para armaduras, adicións e aditivos, co número 15003HA91.

-SE, Área de ensaios de laboratorio de mecánica do solo co número 15004SE91.

-SV, Área de solos, áridos, mezclas bituminosas e os seus materiais constituíntes en viais co número 15005SV91.

-ST, Área de mostras inalteradas, ensaios e probas in situ de solos co número 15039ST93.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 1996.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo