Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 20 de novembro de 1996 Páx. 10.443

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 1996, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se anuncia concurso público polo procedemento aberto pola tramitación de urxencia para a contratación do servicio de limpeza dos locais da Delegación Territorial de Vigo da Consellería de Economía e Facenda (expediente 1/1997).

A Consellería de Economía e Facenda anuncia o concurso público polo procedemento aberto pola tramitación de urxencia para a contratación do servicio de limpeza dos locais da Delegación Territorial de Vigo da Consellería de Economía e Facenda. As características básicas da contratación son as seguintes:

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Economía e Facenda, Secretaría Xeral e do Patrimonio. San Caetano, 15704 Santiago de Compostela. Tfno.544134. Expediente 1/97.

2. Obxecto do contrato: prestación dos servicios de limpeza dos locais da Delegación Territorial de Vigo da Consellería de Economía e Facenda.

O prazo de execución será o comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 1997.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto, tramitación urxente.

4. Orzamento base de licitación: importe total: catro millóns duascentas mil pesetas. (4.200.000 ptas.), IVE incluído.

5. Garantía provisional: oitenta e catro mil pesetas (84.000 ptas.).

6. Obtención da documentación e información: nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, no edificio administrativo San Caetano, s/n, C.P. 15704. Santiago de Compostela, teléfono: 54 41 34, telefax 54 41 25.

A data límite de obtención da documentación e información será a fixada para o prazo de presentación das proposicións.

7. Presentación de ofertas: as proposicións presentaranse antes das 14 horas do décimo terceiro día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e elaboraranse segundo o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares. Tódolos documentos esixidos no prego de cláusulas administrativas particulares deberanse presentar en man no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, dirixidos á Consellería de

Economía e Facenda, Secretaría Xeral e do Patrimonio, edificio administrativo San Caetano, s/n C.P. 15704, Santiago de Compostela.

8. Apertura de ofertas: a mesa de contratación procederá á apertura das proposicións económicas en acto público ó que poderán asisti-los licitadores ou os seus representantes, nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, en San Caetano (Santiago de Compostela) ás 11 horas do cuarto día, que non coincida en sábado, seguinte ó da finalización do prazo de presentación das proposicións.

O importe do anuncio de licitación será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda