Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 20 de novembro de 1996 Páx. 10.443

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación de remate (122/1994).

No Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, tramítanse co número 122/1994, autos de xuízo executivo por instancia de Caixa de Aforros Municipal de Vigo, representada polo procurador García-Piccoli Atanes, contra outros e José Luis Rubio Gómez e Dulce María Santos Cobo, en domicilio descoñecido para a parte demandante; e, por medio da presente cédula, son citados de remate os ditos demandados co fin de que, dentro do termo de nove días, comparezan nos expresados autos por medio de avogado e procurador, e se opoñan á execución se lles conviñese, ó mesmo tempo que se lles fai saber que se realizou embargo sobre os vehículos Citroën BX 16 TS M-0644-KH, e o Renault 11 GTD C9029-Z, sen o previo requirimento de pagamento por ignorárense os seus domicilios.

Dada en Santiago de Compostela o vintecatro de setembro de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado