Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 20 de novembro de 1996 Páx. 10.437

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 404/1996, do 7 de novembro, polo que se modifica parcialmente o Decreto 92/1996, do 29 de febreiro, sobre características básicas e comúns de uniformidade das policías locais de Galicia.

O Decreto 92/1996, do 29 de febreiro, sobre características básicas e comúns de uniformidade das policías locais de Galicia, enumera no seu Art. 3.1º, as pezas de roupa do uniforme de traballo dos funcionarios pertencentes ós corpos de policía local, establecendo, en primeiro lugar e como peza de cabeza, a gorra de prato.

Coa entrada en vigor do Decreto 14-3-1996 considerouse que debido as características xeográficas dos concellos galegas, a gorra de prato non resulta axeitada para realizar determinados servicios, e estimouse conveniente establecer outra peza de cabeza alternativa: a gorra tipo béisbol. Tendo en conta que a disposición transitoria do devandito decreto establece un prazo de tres anos, desde a súa entrada en vigor, para que os concellos galegos adapten a súa uniformidade, a modificación do decreto neste momento non vai supoñer custo adicional ós concellos.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, logo de informe favorable da Comisión de Coordinación das Policías Locais de Galicia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día sete de novembro de mil novecentos noventa e seis.

DISPOÑO:

Artigo 1º

Modifícase o Art. 3.1º do Decreto 92/1996, do 29 de febreiro, sobre características básicas e comúns de uniformidade das policías locais de Galicia, e establécese a gorra tipo béisbol, como nova peza de cabeza alternativa, para determinados servicios, á gorra de prato. A nova redacción do artigo 3.1º é a seguinte:

«Artigo 3.1º.-O uniforme de traballo dos funcionarios pertencentes ós corpos de policía local de Galicia na modalidade de inverno estará integrado polas seguintes pezas:

a) Para persoal masculino.

-Gorra de prato.

-Gorra tipo béisbol.

-Cazadora.

-Pantalón.

-Camisa de manga longa.

-Gravata con alfinete.

-Cinto.

-Xersei.

-Cazadora de pel.

-Chaleco guateado.

-Chuvasqueiro e pantalón de augas.

-Zapatos.

-Calcetíns.

-Luvas.

-Botas de auga.

b) Para persoal feminino.

-Gorra de prato.

-Gorra tipo béisbol.

-Cazadora.

-Pantalón ou saia pantalón.

-Camisa de manga longa.

-Gravata con alfinete.

-Cinto.

-Xersei.

-Cazadora de pel.

-Chaleco guateado.

-Chuvasqueiro e pantalón de augas.

-Calcetíns ou medias-panti.

-Luvas.

-Botas de auga.»

Artigo 2º

Modifícase o anexo I do Decreto 92/1996, do 29 de febreiro, engadindo despois da descrición da gorra de prato a correspondente a gorra tipo béisbol, que é a seguinte:

«-Gorra tipo béisbol:

É de tea azul mariña escura e tecido foaminado e indeformable (ligadura sarga para o inverno, e ligadura fresco para o verán; poliéster 55% e la 45%).»

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para dicta-las disposicións necesarias para o desenvolvemento deste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, sete de novembro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións

Laborais