Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 19 de novembro de 1996 Páx. 10.416

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 1996, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se anuncia a licitación polo sistema de concurso aberto, trámite de urxencia, para a adquisición de dúas fotocopiadoras: unha para o Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro de Vigo e outra para a Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol.

De acordo co establecido na lexislación vixente sobre contratos das administracións públicas, a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura anuncia a convocatoria de licitación do contrato para adquisición de dúas fotocopiadoras: unha para o Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro de Vigo e outra para a Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol.

Obxecto: adquisición de dúas fotocopiadoras: unha para o Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro de Vigo e outra para a Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol.

Orzamento e tipo: tres millóns trescentas mil pesetas (3.300.000 ptas.), impostos incluídos.

Prazo de entrega: 1 mes.

Documentos de interese: os pregos de cláusulas administrativas particulares e técnicas, que rexerán neste concurso, estarán á disposición dos licitadores nas dependencias do Servicio de Ensinanzas Marítimo-Pesqueiras (rúa dos Irmandiños, s/n, Santiago de Compostela), na oficina de información da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, así como nas delegacións territoriais pertencentes a esta consellería, durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles.

Prazo e presentación de propostas: as proposicións poderanse presentar no Rexistro da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, así como nos rexistros das delegacións territoriais pertencentes a esta conse

llería. O prazo de presentación rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. No caso de utilizar calquera dos medios previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, remitirase un telegrama á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, no que se lle comunique a presentación da oferta.

Apertura de proposicións: realizaraa a mesa de contratación, que se reunirá na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, ás 10.30 horas do terceiro día hábil contado a partir do seguinte ó de remate do prazo de presentación de propostas. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora.

Fianza provisional: non se esixe.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 1996.

Ana Gallego Castro

Directora xeral de Formación Pesqueira e Investigación

8193