Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 19 de novembro de 1996 Páx. 10.415

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 352/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica modificación entrada/saída na nova Sub. Troncal das liñas Frieira-Ponteareas-Troncal a 132 kV, Tibo-troncal a 220 kV e paso da LAT Sárdoma-Troncal a 132 kV a Pazos de Borbén a través da LAT Castrelo-troncal a 220 kV, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: paralela á rúa Cantábrico, en conducción soterrada, no concello de Vigo.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: construcción dun tramo aéreo de 60 m de lonxitude, na liña de dobre circuíto Frieira-Troncal que pasa a soterrada ata a nova subestación Troncal nun dos seus circuítos, mentres que o outro empalma coa liña Castrelo-Troncal. Igualmente a liña Tibo-Troncal pasa a

soterrada nos últimos 112 m ata a entrada na subestación.

Orzamento: 62.425.000 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra este as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 29 de outubro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

8371