Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 18 de novembro de 1996 Páx. 10.369

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 1996 pola que se anuncia a licitación do concurso polo procedemento aberto, trámite de urxencia, das obras que se citan (clave OH.215.371 e dúas máis).

A) Obra.

1. Abastecemento a Teo - segunda fase. (A Coruña).

Clave: OH.215.371

Orzamento: cento noventa e dous millóns seiscentas trinta e cinco mil setecentas setenta e unha pesetas (192.635.771).

Prazo de execución: 20 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

2. Colector de marxe de ría - treitos un e dous. (Vigo-Pontevedra).

Clave: OH.336.359.

Orzamento: trescentos corenta e nove millóns seiscentas corenta e nove mil quince pesetas (349.649.015).

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría e.

Fianza provisional: non se esixe.

3. Colector de marxe de ría - treito tres. (Vigo-Pontevedra).

Clave: OH.336.360

Orzamento: trescentos sesenta e seis millóns setenta e oito mil novecentas setenta e unha pesetas (366.078.971).

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría e.

Fianza provisional: non se esixe.

(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia -Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2 do artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicions será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás dez horas do décimo día natural que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 1996.

Emilio García Gallego

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia

8320