Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 18 de novembro de 1996 Páx. 10.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 1996 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a subministración dunha máquina fotocopiadora para a Academia Galega de Seguridade.

1. Entidade adxudicataria.

Organismo: Academia Galega de Seguridade.

Número de expediente: 96/500125.

2. Obxecto do contrato: subministración de máquina fotocopiadora.

Número de unidades que hai que entregar: unha.

Lugar de entrega: Santiago de Compostela.

Prazo de entrega: unha semana desde a adxudicación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 3.550.000 ptas.

5. Garantía provisional: 71.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Academia Galega de Seguridade.

Enderezo: rúa de Madrid, 2-4.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

Teléfono: 56 34 00

Fax: 56 30 12

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

7. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que cómpre presentar: a indicada na cláusula 9.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

Entidade: Academia Galega de Seguridade.

Enderezo: rúa de Madrid, 2-4.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses, segundo o artigo 90 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas (BOE nº 119, do 19 de maio).

8. Apertura de ofertas económicas.

Entidade: Academia Galega de Seguridade.

Enderezo: Rúa de Madrid, 2-4.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Hora: once e media horas.

9. Gastos de anuncio: o importe deste anuncio será por conta do contratista adxudicatario.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 1996.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

8319