Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 18 de novembro de 1996 Páx. 10.364

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente S.X.P.A. IN407A 96/139-2-4621 A.T.).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45-Ourense.

Denominación: L.M.T. Currás.

Situación: Friol.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor La-56, cunha lonxitude de 2.144 metros, para mellora do servicio eléctrico en Currás, concello de Friol.

Orzamento: 6.008.257 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 2 de outubro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

8108