Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 18 de novembro de 1996 Páx. 10.363

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 1996 pola que se anuncia a licitación do concurso polo procedemento aberto -trámite de urxencia- das asistencias técnicas de clave N/OU/89.4 e N/LU/85.2.1.4.

A) Asistencia técnica

1. Asistencia técnica ás expropiacións da obra de alargamento e mellora da estrada OU-401. Treito: Ribadavia-Límite Pontevedra.

Clave: N/OU/89.4

Orzamento: cinco millóns sesenta e oito mil oitocentas vintenove pesetas (5.068.829).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: non se esixe.

2. Asistencia técnica ás expropiacións da obra de alargamento e mellora do corredor central. Treito: Escairón-Monforte. Fase III.

Clave: N/LU/85.2.1.4

Orzamento: tres millóns cincocentas sesenta e catro mil cento noventa e tres pesetas (3.564.193).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación:non se esixe.

(Declaradas urxentes de conformidade co establecido no artigo 72 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 del Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día natural, que no coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizarase pola mesa de contratación ás once horas do décimo día natural que no coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 1996.

P.D.(O. 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

8109