Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 15 de novembro de 1996 Páx. 10.326

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-233).

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 28 de xuño do 1996, acordou aprobar definitivamente o expediente denominado programa de actuación urbanística en desenvolvemento de parte do SUNP A-33 Montesinos, en Montrove-Liáns.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte a aquel en que reciba a presente notificación. De interpoñelo, advisteselle que o artigo 110.3º da lei, require a comunicación previa ó órgano que dictou o acto impugnado. Tamén poderá interpoñe-lo recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, polo que se aproba o réxime xurídico administracións públicas e do procedemento administrativo común. nos prazos establecidos no apartado 2 do mesmo artigo 118. Todo isto, sen prexuízo do dereito dos interesados a formularen a solicitude e a instancia a que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da citada lei.

Oleiros, 12 de setembro de 1996.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

96-7281