Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 15 de novembro de 1996 Páx. 10.326

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CATOIRA

EDICTO.

No BOP de Pontevedra, número 138, con data 17 de xullo de 1996, publicáronse as bases para prove-las prazas vacantes no cadro de persoal funcionario e laboral deste concello:

-Unha praza de asistente social. Nivel de titulación esixido: diplomado en Traballo Social ou equivalente.

-Unha praza de auxiliar administrativo de Administración xeral. Nivel de titulación esixido: graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

-Unha praza de técnico auxiliar en informática. Nivel de titulación esixido: graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

As instancias nas que se solicite tomar parte no procedemento selectivo poderán presentarse no rexistro xeral deste concello, ou por medio das demais formas previstas na lexislación reguladora do procedemento administrativo, dentro do prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado, debendo achegar a estas xustificantes do ingreso das cantidades correspondentes en concepto de dereitos de exame.

Catoira, 17 de setembro de 1996.

Alberto García García

Alcalde-presidente

8316