Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 15 de novembro de 1996 Páx. 10.325

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 1996, da Dirección Xerencia do Hospital Montecelo de Pontevedra, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso público 25/1996, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio de realización de probas analíticas en laboratorio externo para o Hospital Montecelo e Ambulatorio Virxe Peregrina.

A Dirección Xerencia do Hospital Montecelo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme ó establecido no artigo 7 da Orden de 22 de maio de 1996 (DOG do 6 de xuño de 1996), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e para cumprimento do previsto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos coas administracións públicas acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato:

Obxecto: contratación do servicio de realización de probas analíticas en laboratorio externo para o Hospital Montecelo e Ambulatorio Virxe Peregrina.

Empresa adxudicataria: Balague Center, S.A.

Orzamento: 19.051.394 pesetas anuais.

Anuncio de licitación publicado no DOG nº 106, do 30 de maio de 1996.

Pontevedra, 5 de xullo de 1996.

Rafael Pérez-Santamarina Feijóo

Director xerente do Hospital Montecelo de Pontevedra

8137