Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 15 de novembro de 1996 Páx. 10.324

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 1996.

En cumprimento do disposto nos artigos 11.1º e 79.1º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e conforme o modelo establecido polo Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei, publícase o seguinte anuncio de concurso, polo procedemento restrinxido, dos servicios de impresión e distribución do Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e no Diario de Sesións do Parlamento de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.

c) Número de expediente: 5/1996.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: concurso, polo procedemento restrinxido, dos servicios de impresión e distribución do Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e do Diario de Sesións do Parlamento de Galicia.

b) Número de unidades que hai que entregar:

b.1. Para impresión: tirada variable cun mínimo de 700 exemplares do boletín oficial e 500 do diario de sesións.

b.2. Para distribución: número variable cun máximo de 500 exemplares do boletín oficial e 300 do diario de sesións.

(Prescricións técnicas: segunda e cuarta).

c) División por lotes e número: no.

d) Lugar de entrega: nas correspondentes dependencias do Parlamento de Galicia.

e) Prazo de entrega: o establecido na prescrición técnica terceira.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: normal.

b) Procedemento: restrinxido.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total:

Para a impresión, incluído o IVE:

BOPGDS

Ata de 13 Páx.5,84 ptas./Páx.Ata 64 Páx.4,84 ptas./Páx.
De 13 a 24 Páx.5,40 ptas./Páx.De 64 a 128 Páx.4,74 ptas./Páx.
Máis de 24 Páx.5,29 ptas./Páx.Máis de 128 Páx.4,40 ptas./Páx.

Para a distribución, incluído o IVE:

O prezo máximo fíxase no equivalente ó establecido na tarifa que para os envíos na modalidade de publicacións periódicas oficiais teña establecida en cada momento o servicio de correos.

5. Garantías.

Provisional: 500.000 ptas.

Definitiva: 1.000.000 de ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Parlamento de Galicia.

b) Domicilio: rúa do Hórreo, nº 63.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, C.P. 15702.

d) Teléfono: (981) 56 16 00.

e) Telefax: (981) 57 10 41.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata dous días antes da presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

A clasificación esixida para o concursante é a do grupo III, subgrupo 8º, categoría B, segundo a O.M. de Economía e Facenda, do 30 de xaneiro de 1991 (cláusula administrativa particular décima).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ós 26 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario oficial de Galicia. De resultar inhábil, entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte ata as 18.30 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a referida na cláusula administrativa sétima do prego de cláusulas administrativas particulares publicado no BOPG número 538, do 23 de outubro de 1996.

c) Lugar de presentación: Rexistro do Parlamento de Galicia.

1ª Entidade: Parlamento de Galicia.

2ª Domicilio: rúa do Hórreo nº 63.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, C.P. 15702.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres meses.

e) Admisión de variantes: non se establecen.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Parlamento de Galicia.

b) Domicilio: rúa do Hórreo, nº 63.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: os sobres B e C abriranse dentro dos dez días hábiles seguintes ó do remate do prazo de presentación. A do sobre A «Oferta económica» farase en acto público no día e hora que se lles comunique ás empresas que resulten seleccionadas.

10. Outras informacións.

As contidas no BOPG número 538, do 23 de outubro de 1996, e mediante consulta ó rexistro xeral ou á Oficialía Maior do Parlamento.

11. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 1996.

Victorino Núñez Rodríguez

Presidente do Parlamento de Galicia

7967