Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 15 de novembro de 1996 Páx. 10.315

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 15 de outubro de 1996 (DOG do 4 de novembro) pola que se convoca concurso de traslados entre funcionarios do corpo de mestres.

Advertidos erros na orde que se sinala, cómpre efectua-las correspondentes rectificacións.

Na páxina 9.766, punto 3 do epígrafe I, donde di: «Aqueles que, como consecuencia da adscrición ó abeiro da Orde do 22 de maio de 1990 e 15 de maio de 1996, obtiveron un posto de traballo para o que están habilitados e continúan nel», suprímese «e continúan nel».

Na mesma páxina, o último parágrafo do epígrafe III. Solicitudes, «Declaración ou promesa de non ter obtido destino para o que se está habilitado con posterioridade ó cesamento por supresión ou modificación do posto de traballo ou á orde de adscrición do 22 de maio de 1990 por calquera dos sistemas de provisión establecidos. (Para tódolos supostos)», elimínase na súa totalidade.

8168