Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 15 de novembro de 1996 Páx. 10.314

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 24 de outubro de 1996 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Secretaría Xeral do Servicio Galego de Saúde.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Secretaría Xeral do Servicio Galego de Saúde, por Orde do 16 de setembro de 1996 (DOG número 190, do 27 de setembro de 1996), en uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Gali

cia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, esta consellería,

DISPÓN

Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó funcionario que se relaciona no anexo da presente orde.

Segundo.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento de tratarse da mesma localidad onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes se radica

en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

Terceiro.-A xefatura do centro no que cause baixa o funcionario, así como daquel no que obteña praza consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión das que se lle dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública e á Inspección Xeral de Servicios.

Cuarto.-Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicación a esta consellería da vontade de interpoñelo segundo sinala o artigo 110.3º da Lei de réxime xurídico das administraciones públicas e procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

Número de rexistro: 0080696924 A1600.

Apelidos e nome: Pérez Gómez, José María.

Posto de traballo: asesor xurídico.

Código posto: SAS020000215770001.

Centro directivo: Secretaría Xeral do Servicio Galego de Saúde.

Localidade: Santiago de Compostela.

Tipo de Posto: S.

Grupo: A.

Corpo ou escala: superior/escala de letrados.

Nivel c. destino: 30

8215