Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 15 de novembro de 1996 Páx. 10.284

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 398/1996, do 31 de outubro, polo que se crea o Instituto de Educación Secundaria de Hostelería de Pontevedra.

O Estatuto de autonomía para Galicia establece, no seu artigo 31, que é de competencia plena da Comunidade Autónoma galega o regulamento e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e prazos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias.

De acordo co exposto anteriormente, resulta conveniente atende-la demanda de formación profesional específica, tendo en conta para tal fin as necesidades existentes, a máis racional distribución de ensinanzas e as características das zonas con carencia no ensino.

O obxecto deste decreto é crear na cidade de Pontevedra o Instituto de Educación Secundaria de Hostelería.

Por todo iso, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, en uso das competencias atribuídas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta e un de outubro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º.

Créase o Instituto de Educación Secundaria de Hostelería na cidade de Pontevedra con 9 unidades.

Artigo 2º

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria adoptará as medidas necesarias para o

mellor cumprimento do anteriormente sinalado e determinará os cadros de persoal e as ensinanzas que se impartirán nel para o máis eficaz desenvolvemento das actividades docentes.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trinta e un de outubro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Fernández Currás

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

6832