O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la
contratación da subministración que a seguir se cita:
Obxecto: subministración de plan de necesidades: material de camas, asideiros e andadores.
Orzamento: 5.185.000 ptas.
Garantía provisional: 103.700 ptas.
-Lote 1: colchóns e almofadas.
Orzamento: 3.655.000 ptas.
Garantía provisional: 73.100 ptas.
-Lote 2: asideiros de baño.
Orzamento: 1.050.000 ptas.
Garantía provisional: 21.000 ptas.
-Lote 3: andadores.
Orzamento: 480.000 ptas.
Garantía provisional: 9.600 ptas.
Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.
Plazo de entrega: quince días desde a notificación da adxudicación ó contratista.
Admisión de variantes: non se admiten variantes.
Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
Criterios de adxudicación:
-Prezo ofertado: 50%.
-Prestacións e calidade: 35%.
-Vida útil, servicio técnico e mantemento: 15%.
Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados na Dirección de Xestión-Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario (planta soto do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo), As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 71.
Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo, dentro do prazo sinalado.
Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas de Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou
festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
A Coruña, 28 de outubro de 1996.
Jesús Caramés Bouzán
Director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña
9608258