Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 14 de novembro de 1996 Páx. 10.271

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 1996, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración sucesiva de próteses vasculares de PTFE e dacron para o complexo hospitalario mediante procedemento aberto e urxente. (Expediente 90/1996).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG do 6-6-1996) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

Obxecto: a contratación da subministración sucesiva de próteses vasculares de PTFE e dacron para o Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

Orzamento: 7.559.543 ptas. (sete millóns cincocentas cincuenta e nove mil cincocentas corenta e tres pesetas), IVE incluído.

-Lote 1: prótese vascular PTFE axilo bifemoral anelado.

Orzamento: 659.120 ptas.

-Lote 2: prótese vascular PTFE para diálese.

Orzamento: 675.000 ptas.

-Lote 3: prótese vascular PTFE con aneis extraíbles.

Orzamento: 2.929.553 ptas.

-Lote 4: prótese vascular PTFE anelada recta.

Orzamento: 600.000 ptas.

-Lote 5: prótese vascular bifurcada.

Orzamento: 506.110 ptas.

-Lote 6: prótese vascular de Dracon recta.

Orzamento: 255.000 ptas.

-Lote 7: prótese vascular de Dracon bifurcada.

Orzamento: 1.308.000 ptas.

-Lote 8: prótese vascular asilo-bifemoral.

Orzamento: 626.760 ptas.

Fianzas:

a) Provisional: 2% do orzamento de licitación.

b) Definitiva: 4% do orzamento máximo autorizado.

Constituirase segundo o disposto nos artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Forma de adxudicación: concurso público. Procedmento aberto e urxente.

Prazo de execución: a duración do contrato será un ano, desde o 1 de decembro de 1996 ou data de sinatura do contrato se é posterior, mediante entregas sucesivas a demanda do complexo hospitalario.

Admisión de variantes: admitiranse, sempre que respecten as prestacións mínimas previstas no prego de prescricións técnicas, así como o orzamento de licitación.

Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante calquerra dos medios que dispón o artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: acreditarase mediante calquera dos medios que dispón o artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Criterios de adxudicación: os que se establecen na folla de especificacións.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no rexistro xeral do Hospital de Conxo, rúa Ramón Baltar s/n, 15706 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

Clasificación: non se esixe.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán presnetarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital de Conxo, rúa Ramón Baltar, s/n, 15706 Santiago de Compostela, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no apartado 10 do prego de cláusulas administrativas aprticulares. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital de Conxo, ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de representación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Docuemntación que deberán achega-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 1996.

Ignacio Martínez González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela

9608257