Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 14 de novembro de 1996 Páx. 10.269

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación do concerto de asistencia sanitaria que se cita.

O director xeral de Recursos Económicos, cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa e en uso das atribucións que lle son delegadas polo artigo 16.2º do Decreto 64/1996 do 15 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 41), acorda darlle publicidade á adxudicación do contrato de xestión de servicios públicos mediante o procedemento negociado seguinte:

Obxecto: prestación de servicios de rehabilitación Funcional na área sanitaria de influencia do Hospital Comarcal da Costa de Burela (Lugo).

Adxudicatario: Cefire, S.L.

O que fai público para os efectos do previsto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas, e 119 do seu regulamento.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 1996.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral de Recursos Económicos

8136