Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 14 de novembro de 1996 Páx. 10.268

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 1996, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Santa María Madre-Cabaleiro Goás, pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e polo trámite de urxencia, para a contratación da instalación e prestación do servicio de televisión e telefonía (C.P. 2/1996).

A Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Santa María Madre-Cabaleiro Goás, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no apartado f do artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG número 111, do 6 de xuño), convoca o seguinte concurso público.

Obxecto: contratación da instalación e prestación do servicio de televisión e telefonía no Complexo Hospitalario Santa María Madre-Cabaleiro Goás.

Forma de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público polo trámite de urxencia.

Prazo de execución: inmediato a partir da data de notificación da adxudicación (durante un prazo de 5 anos).

Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas técnicas e demais documentación complementaria, poderán ser solicitados no servicio de facturación do Hospital Santa María Madre, en días laborais de 9 ata as 14 horas.

Fianzas.

- A fianza provisional será de 100.000 ptas., constituída nalgunha das formas que establece o artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.

- A fianza definitiva será de 250.000 ptas., constituída nalgunha das formas que establece o artigo

37 da Lei de contratos das administracións públicas.

- Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse por algún dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas.

- Solvencia técnica: deberá acreditarse por algún dos medios previstos no artigo 19 da Lei de contratos das administracións públicas.

Criterios de adxudicación.

- Canon ofertado entre 0 e 3 puntos.

- Tarifas entre 0 e 3 puntos.

- Características funcionais, técnicas económicas, de calidade e prestacións das instalacións ofertadas para o Servicio e o Sistema de Telefonía e Televisión, entre 0 e 3 puntos.

- Capacidade e facilidade de establecemento de chamadas directas entrantes ós telefonos, entre 0 e 3 puntos.

- Organización e funcionamento do Servicio de Telefonía e Televisión. Condicións de seguridade e calidade na prestación do servicio, entre 0 e 2 puntos.

- Recursos humanos que se destinarán ó servicio, entre 0 e 2 puntos.

- Prazo de execución das instalacións, entre 0 e 1 punto.

- Experiencia en instalacións e servicios similares, entre 0 e 1 punto.

- Facilidade de uso e fiabilidade de sistema de cobramento do servicio ós usuarios, entre 0 e 1 punto.

- Prestacións e servicios adicionales ofertados, entre 0 e 1 punto.

Clasificación: non se precisa.

Presentación das proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do hospital, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG ou enviadas por correo. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (988) 24 88 98 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reúnida en acto público na sala de xuntas do Hospital Santa María Madre, ás 10 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó que remate o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no seguinte día hábil.

Documentación que deberán aporta-los licitadores: deberán achega-los documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario do concurso.

Ourense, 17 de outubro de 1996.

Miguel A. Santalices Vieira

Director-xerente do Complexo Hospitalario Santa María Madre-Cabaleiro Goás

8135