Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 14 de novembro de 1996 Páx. 10.262

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 1996, da Xefatura Provincial de Estradas de Lugo, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación e sométese a información pública a relación de propietarios afectados polas obras de acondicionamento da estrada LU-1612 tramo: Ferreira do Valadouro-Cangas de Foz, clave: N/LU/91.2 (termos municipais de Ferreira do Valadouro e Foz).

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Xunta de Galicia de data 20 de xuño de 1996, foi aprobado o proxecto das obras de acondicionamento da estrada LU-1612 tramo: Ferreira do Valadouro-Cangas de Foz, clave: N/LU/91.2, termos municipais de Ferreira do Valadouro e Foz.

En acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia o día 12 de xullo de 1996, declárase urxente para efectos de aplicación do procedemento que regula o artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, a ocupación de bens e dereitos afectados polo dito proxecto.

Para tal efecto convócanse ós propietarios e titulares de bens e dereitos afectados, que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios dos concellos de Ferreira do Valadouro e Cangas de Foz e na Delegación Provincial de Lugo, para que comparezan nos lugares, días e horas que se detallan a continuación, co fin de proceder ó levantamento de actas previas á ocupación dos mesmos, que recollerán os datos necesarios para á determinación dos dereitos afectados, os seus titulares e o valor daqueles, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o considerasen necesario.

Termo municipal de Ferreira do Valadouro.

Lugar: Casa do Concello de Ferreira.

-Día: 2 de decembro de 1996.

Do predio nº 1 ó 69 de 10 ás 13.30 horas.

Do predio nº 70 ó 126 de 16 ás 19 horas.

-Día: 3 de decembro de 1996.

Do predio nº 127 ó 200 de 9.30 ás 13.30 horas.

Do predio nº 201 ó 259 de 16 ás 19 horas.

Lugar: escuela de Moucide.

-Día: 4 de decembro de 1996.

Do predio nº 260 ó 325 de 9.30 ás 13.30 horas.

Do predio nº 326 ó 375 de 16 ás 19 horas.

-Día: 5 de decembro de 1996.

Do predio nº 376 ó 435 de 9.30 ás 13.30 horas.

Do predio nº 436 ó 479 de 16 ás 19 horas.

Termo municipal de Foz.

Local: escuela de Cordido.

-Día 9 de decembro de 1996.

Do predio nº 1 ó 63 de 10 ás 13.30 horas.

Do predio nº 64 ó 115 de 16 ás 19 horas.

-Día 10 de decembro de 1996.

Do predio nº 116 ó 181 de 9.30 ás 13.30 horas

Do predio nº 182 ó 232 de 16 ás 19 horas.

Local: local asociación veciños de Cangas.

-Día 11 de decembro de 1996.

Do predio nº 233 ó 293 de 9.30 ás 13.30 horas.

Do predio nº 294 ó 344 de 16 ás 19 horas.

O devandito acto deberán acudi-lo titulares afectados persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo acompañarse á súa custa, se o consideraren oportuno, dos seus peritos e un notario.

Tida conta destes antecedentes e en cumprimento do establecido no artigo 17, parágrafo segundo da Lei de expropiación forzosa, ábrese a información pública, ata o momento do levantamento da acta previa a ocupación correspondente, a fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante esta Xefatura Provincial de Estradas da Xunta de Galicia, sita na Ronda da Muralla, nº 131, 27001 Lugo, as alegacións que estimen pertinentes co obxecto de emendar posibles erros que se producisen o relaciona-los propietarios afectados.

Lugo, 6 de novembro de 1996.

José Antonio Cobreros Aranguren

Enxeñeiro xefe provincial de Estradas de Lugo

96-7906