Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 14 de novembro de 1996 Páx. 10.261

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 1996, da Xefatura Provincial de Estradas da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación de bens afectados polas obras N/AC/90.4.2 autoestrada A Coruña-Carballo, tramo: Laracha-Carballo (termos municipais de Laracha e Carballo).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu apartado 2º a competencia

da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Con data 23 de xullo de 1991, o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda aprobou o correspondente proxecto de trazado.

Por Decreto 270/1991, do 30 de xullo, declárase a utilidade pública das mencionadas obras, e asímesmo, urxente a ocupación dos bens afectados por estas para efectos do prevido no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do Regulamento para a súa aplicación, esta xefatura, en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios dos concellos de Laracha e Carballo, para que comparezan nos lugares, datas e horas que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o consideran necesario.

-Termo municipal de Laracha.

Local: Edificio Servicios Múltiples (Laracha).

Día: 25 de novembro, de 10 a 12.30 horas.

-Termo municipal de Carballo.

Local: Local Social de Sísamo (Carballo).

Día: 26 de novembro do predio 22 ó 318, de 10 a 13 horas. Día 27 de novembro do predio 319 ó 1016, de 10 a 13 horas.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo facerse acompañar, pola súa conta, se o consideran oportuno dos seus peritos e notarios.

Así mesmo e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante un prazo de 15 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente. Co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante esta Xefatura Provincial de Estradas da Xunta de Galicia na Coruña, praza Luis Seoane s/n, 8ª planta, as alegacións que consideren pertinentes con obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola ausente ocupación.

A Coruña, 31 de outubro de 1996.

Antonio Fernández Sarasquete

Enxeñeiro-xefe da Xefatura Provincial de Estradas da Coruña

8250