Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 14 de novembro de 1996 Páx. 10.225

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 4 de novembro de 1996 pola que se establece o baremo para a autorización de novas oficinas de farmacia.

O Real decreto-lei 11/1996, do 17 de xuño, de ampliación dos servicios farmacéuticos á poboación, establece no seu artigo 2.3º que a autorización de novas oficinas de farmacia tramitarase conforme principios de concorrencia competitiva, transparencia, mérito e capacidade, logo do procedemento específico que establezan as comunidades autónomas.

Para levar a cabo o previsto no mencionado real decreto-lei, a Xunta de Galicia promulgou o Decreto 288/1996, do 12 de xullo, sobre competencias e procedemento para autorización de apertura de oficinas de farmacia, que no seu artigo 4.1º sinala que a autorización de novas oficinas de farmacia outorgarase por concurso público de acordo co procedemento establecido neste decreto e o baremo que se determine pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Cómpre, polo tanto, que por parte desta consellería se determinen os méritos e as circunstancias que permitan o acceso á titularidade das novas oficinas de farmacia segundo os pricipios de mérito e capacidade, así como os mecanismos precisos para o impedimento de prácticas que poidan interferir na correcta aplicación dos ditos principios.

Por todo o anterior, en uso das facultades que lle concede o Decreto 288 /1996, do 12 de xullo, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo 1º.-As circunstancias e méritos que se terán en conta ó efectua-la puntuación para a autorización de novas oficinas de farmacia de acordo co Art. 4.1º do Decreto 288 /96, do 12 de xullo, sobre competencias e procedemento para a autorización de apertura de oficinas de farmacia, serán os recollidos no anexo da presente orde.

Artigo 2º.-As circunstancias e méritos establecidos no baremo deberán acreditarse mediante as correspondentes certificacións oficiais da administración ou responsable correspondente.

Artigo 3º.-Cando se trate de acreditar exercicios profesionais compatibles entre si, só se computarán aquel da puntuación máis alta entre os que se desenvolverán simultaneamente no tempo, coa excepción do exercicio como titor de prácticas tuteladas.

Artigo 4º.-Para valora-la experiencia profesional e docente computaranse anos completos, aínda que os períodos traballados fosen descontinuos. Pode

ranse acumular períodos descontinuos ata chegar ó dito mínimo.

Artigo 5º.-No caso de que se producise un empate ó aplica-lo baremo, as autorizacións concederanse de acordo coa seguinte orde de prioridade:

a) Farmacéuticos que non foran titulares de oficina de farmacia.

b) Farmacéuticos con maior nota media na carreira de farmacia.

c) Farmacéuticos de menor idade.

Para efectos da valoración do apartado b) deste artigo, terase en conta o coeficiente obtido trala división da suma dos puntos que resulten de asignar 1,5 puntos a cada matrícula de honra, 1 punto a cada sobresaliente e 0,5 puntos a cada notable, polo número de asignaturas.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 1996.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

1. Experiencia profesional

a) Exercicio como farmacéutico titular, rexente, substituto ou adxunto nunha oficina de farmacia nun municipio de menos de 5.000 habitantes segundo o censo achegado polo solicitante referido ós períodos exercidos. No caso de non achegalo aplicarase o censo vixente na data límite de presentación de solicitudes para participar no concurso de méritos:

-Nos últimos 10 anos: 1,2 puntos por ano.

-Nos anos anteriores: 0,5 puntos por ano.

b) Exercicio como farmacéutico titular, rexente, substituto ou adxunto nunha oficina de farmacia nun municipio de 5.000 ou máis habitantes segundo o censo achegado polo solicitante referido ós períodos exercidos. No caso de non achegalo aplicarase o censo vixente na data límite de presentación de solicitudes para participar no concurso de méritos:

-Nos últimos 10 anos: 1 punto por ano.

-Nos años anteriores: 0,3 puntos por ano.

Non se computará ningún mérito profesional ós farmacéuticos que sendo titulares ou cotitulares de oficina de farmacia, transmitan por calquera título, nos últimos cinco anos anteriores á resolución definitiva do concurso para a adxudicación da nova oficina de farmacia. Os méritos para efectos de solicitude de novas oficinas de farmacia comezarán a computar a partir da data en que transmitisen a súa anterior farmacia. Para estes efectos, se un farmacéutico ou farmacéuticos transmitiran con anterioridade a acta de apertura da nova farmacia, a farmacia da que eran anteriormente propietarios, entenderase revogada a autorización concedida,

pasando automaticamente o dereito ó segundo ou ulteriores solicitantes en méritos.

c) Exercicio como farmacéutico nos servicios de farmacia e depósitos de medicamentos nos hospitais, centros de atención primaria e centros socio-sanitarios:

-Nos últimos 10 anos: 0,6 puntos por ano.

-Nos anos anteriores: 0,3 puntos por ano.

d) Exercicio como farmacéutico na Administración sanitaria, na corporación farmacéutica ou nos centros de fabricación ou distribución:

-Nos últimos 10 anos: 0,5 puntos por ano.

-Nos anos anteriores: 0,25 puntos por ano.

e) Exercicio como farmacéutico noutras modalidades profesionais relacionadas cos medicamentos e productos sanitarios:

-Nos 10 últimos anos: 0,3 puntos por ano.

-Nos anos anteriores: 0,15 puntos por ano.

A puntuación máxima polo concepto de experiencia profesional non poderá supera-los 15 puntos.

2. Experiencia docente.

a) Pola dirección de prácticas tuteladas: 0,2 puntos por alumno e convocatoria anual, ata un máximo de 2 puntos

Cando no centro autorizado para a realización de prácticas tuteladas haxa máis dun farmacéutico, a puntuación resultante dividirase entre eles.

b) Exercicio como farmacéutico docente en facultades, colexios universitarios e centros públicos de ensino, en materias relacionadas cos medicamentos ou productos sanitarios nos últimos 10 anos: 0,3 puntos por curso, ata un máximo de 3 puntos.

c) Polos servicios prestados como profesor nas materias relacionadas coa atención farmacéutica en cursos organizados pola administración sanitaria, pola universidade ou pola corporación farmacéutica nos últimos cinco anos: 0,1 puntos por cada 10 horas lectivas ata un máximo de 2 puntos.

A puntuación máxima polo concepto de experiencia docente non poderá supera-los 5 puntos

3. Publicacións e traballos cientificos

a) Polos traballos científicos publicados relacionados coa atención farmacéutica nos últimos cinco años:

-Se é autor: 0,2 puntos.

-Se é colaborador: 0,1 puntos.

A puntuación máxima neste apartado no podera supera-los dous puntos.

b) Polos artigos publicados e achegas a reunións científicas sobre atención farmacéutica nos últimos cinco anos: 0,1 punto ata un máximo de 1 punto.

A puntuación máxima polo concepto de publicacións e traballos científicos non poderá supera-los 3 puntos.

4. Expediente académico.

a) Expediente académico na licenciatura de farmacia: coeficiente obtido trala división da suma dos puntos que resulten de asignar 1,5 puntos a cada matrícula de honra, 1 punto a cada sobresaliente e 0,5 puntos a cada notable, polo número de materias.

b) Grao de licenciatura en farmacia: 0,5 puntos.

c) Grao de doutor en farmacia: 1,5 puntos.

Se se puntua o grao de doutor, non se puntuará o grao de licenciado.

b) Por cada título de licenciado noutras ciencias da saúde distinto ó de farmacia: 0,5 puntos.

e) Polo título de especialista en farmacia hospitalaria: 2 puntos.

f) Polo título de farmacéutico especialista noutros ámbitos: 0,5 puntos.

g) Por aprobar nunha oposición específica para farmacéuticos: 0,5 puntos.

A puntuación máxima por este apartado non poderá supera-los 6,5 puntos.

5. Formación postgrado.

Por cursos de formación e perfeccionamento, en materias relacionadas coa atención farmacéutica, organizados polas administracións sanitarias ou de ensinanza, colexios ou asociacións profesionais durante os últimos 10 anos e dos que a duración mínima sexa de 12 horas, ata un máximo de 5 puntos:

Duración do curso:

-Entre 12 e 20 horas: 0,05 puntos.

-Entre 21 e 60 horas: 0,15 puntos.

-Entre 61 e 100 horas : 0,25 puntos.

-Máis de 100 horas : 0,3 puntos.

Non se computarán os cursos nos que non conste a duración.

6. Coñecemento do idioma galego.

Certificado de aptitude de iniciación: 2 puntos.

Certificado de aptitude de perfeccionamiento: 4 puntos.

Se se valorara o nivel de perfeccionamento non se valorará o de iniciación.

7. Valoración do tempo de presentación das solicitudes

No caso de solicitudes presentadas ó amparo do artigo 3.1º b) do Real decreto 909/1978 valorarase con 4 puntos a primeira solicitude presentada.

96-8249