Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 13 de novembro de 1996 Páx. 10.205

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 31 de outubro de 1996 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo pertencente ó Servicio Galego de Saúde.

Convocada, pola Orde do 16 de setembro de 1996 (DOG nº 187, do 24 de setembro), a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo pertencente ó Servicio Galego de Saúde, esta consellería, de conformidade co establecido no Decreto 148/1991, do 2 de maio, e no Decreto 143/1992, do 5 de xuño, no exercicio das competencias que ten atribuídas,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo pertencente ó Servicio Galego de Saúde, anunciada pola Orde do 16 de setembro de 1996 (DOG nº 187, do 24 de setembro).

Segundo.-Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, ó persoal que se relaciona no anexo á presente orde.

Terceiro.-O aspirante que resulte seleccionado deberá tomar posesión nos prazos sinalados no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

No suposto de que obteña destino un aspirante pertencente a outras administracións públicas, o seu cesamento deberá levarse a cabo de acordo coa lexislación da súa Administración de procedencia e quedará na situación que proceda, de acordo coas súas normas específicas.

Ó funcionario de carreira da Administración do Estado que resulte seleccionado seralle de aplicación o disposto no parágrafo segundo do artigo 22 do Real decreto 28/1990, do 15 de febreiro (BOE nº 14, do 16 de febreiro), para o que se require, en consecuencia, o informe favorable do departamento en que presta os seus servicios. De non emitirse o dito informe no prazo de quince días, este considerarase favorable.

Así mesmo, no suposto de resultar seleccionada algunha persoa que teña a condición de persoal estatutario do sistema nacional de saúde en propiedade, será declarada polo organismo competente ou ben na situación de excedencia especial en activo, prevista no artigo 13 do Estatuto xurídico do persoal médico da Seguridade Social, ou ben na situación de excedencia especial prevista no artigo 34 do Estatuto de persoal non sanitario ó servicio das institucións sanitarias da Seguridade Social.

Cuarto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados partir do día seguinte ó da súa publicación, despois de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 1996.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Posto: director xerente do Complexo Hospitalario Provincial-Rebullón de Pontevedra.

Nome e apelidos: Alfredo García Iglesias.

DNI: 33.190.483.

8227