Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 12 de novembro de 1996 Páx. 10.176

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 7 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación da resolución do expediente sancionador 1/1994EN incoado por infracción da normativa vixente en materia de conservación de espacios naturais, devolto polo servicio de correos ó resultar descoñecido o seu destinatario.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós denunciados que teñen os datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalarán a seguir, resolucións dos correspondentes expedientes sancionadorees acordadas polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Ourense, por presuntas infraccións da Lei de espacios naturais 4/1989, do 27 de marzo (BOE do 28 de marzo).

O importe da sanción que, en cada caso, corresponda farase efectivo na conta 44030/003918-8 da Caixa de Aforros Provincial de Ourense, empregando o impreso que se facilitará en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia, no prazo de quince días hábiles a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, agás a presentación do recurso pertinente. En caso contrario procederase ó seu cobro pola vía executiva.

Contra esta resolución caberá interpoñer recurso ordinario no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da presente publicación, perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia. De non se-lo caso, aquela adquirirá firmeza para tódolos efectos.

Ourense, 7 de outubro de 1996.

Jacobo Gómez-Orellana Rodríguez

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Nº expediente: 1/1994EN

Nome e apelidos do denunciado: Manuel Loureiro Vilachá.

Último enderezo coñecido: Rampla de Sas 25, 3ºB (Ourense).

Feito denunciado: abandono dun vehículo.

Precep. infrinxido e sancionador: Art. 38.5 e 39 da Lei, 4/1989, de espacios naturais.

Sanción imposta: sobresido.

8012