Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 12 de novembro de 1996 Páx. 10.174

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 7 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación de propostas de resolución que formula a instructora dos expedientes sancionadores en materia de caza, devoltos polo servicio de correos ó resultaren descoñecidos os seus destinatarios. (Expediente 46 e 55/1995C).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós denunciados que teñen os datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalarán a seguir, as propostas de resolución dos correspondentes expedientes sancionadores acordadas polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Ourense, por presuntas infraccións da Lei 1/1970, de caza, do 4 de abril (BOE do 6 de abril) e do seu regulamento, Decreto 506/1971, do 25 de marzo (BOE do 30 de marzo).

Os denunciados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Progreso nº 161, entresollado

e presenta-los descargos e documentos que consideren convenientes na súa defensa.

Vistas tódalas actuacións, o órgano competente por razón do tipo de infracción presuntamente cometida, consonte o establecido no artigo 12 da LRXPA, dictará a resolución do expediente que será notificada oportunamente.

Ourense, 7 de outubro de 1996.

Jacobo Gómez-Orellana Rodríguez

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Nº expediente: 46/1995C

Nome e apelidos do denunciado: Fernando Núñez Gallego.

Último enderezo coñecido: c/ Ponteveda 5, 4º (O Barco de Valdeorras).

Feito denunciado: cazar en época de veda.

Precep. infrinxido e sancionador: Art. 48.1.18 da Lei 1/1970, de caza.

Sanción proposta: 15.000

Nº expediente: 55/1995C

Nome e apelidos do denunciado: Álvaro Rodríguez Rodríguez.

Último enderezo coñecido: Progreso 244 (A Rúa).

Feito denunciado: cazar en época de veda.

Precep. infrinxido e sancionador: Art. 48.1.18 da Lei 1/1970, de caza.

Sanción proposta: 5.000

8009