Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 12 de novembro de 1996 Páx. 10.173

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a subministración consistente na adquisición por parte da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do equipamento hardware e software necesarios para constituí-la súa plataforma informática.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convocar a seguinte licitación polo sistema de concurso aberto:

Obxecto: contratación da subministración consistente na adquisición por parte da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do equipamento hardware e software necesarios para constituí-la súa plataforma informática, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para iso.

Orzamento de licitación: cen millóns de pesetas (100.000.000 de ptas.).

Fianza provisional: 2 % do orzamento de licitación.

Fianza definitiva: 4 % do orzamentoto de licitación.

Clasificación: non é necesaria.

Prazo de execución: unha vez resolto o expediente, o equipamento subministrarase no prazo de 15 días e o adxudicatario dispoñerá con posterioridade de 45 días para a súa completa instalación e comprobación de toda a plataforma hardware/software e a súa posta a punto.

Exposición dos pregos: o prego de cláusulas administrativas particulares así como o de prescricións técnicas estarán a disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de ofertas, os días e horas hábiles de oficina, na Subdirección Xeral de Xestión Presupostaria (Servicio de Contratación) da Secretaría Xeral da Consellería

de Agricultura, Gandería e Montes (edificio administrativo, s/n, San Caetano, Santiago de Compostela-A Coruña).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as ofertas deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 9 de decembro de 1996.

A apertura de proposicións terá lugar en acto público ás 13 horas do día 12 de decembro de 1996, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sita no semisoto do edificio central de San Caetano, Santiago de Compostela.

Gastos de publicación. Serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12-1993)

Ángel Ligero F. de Tejada

Director xeral de Estrucutras e Desenvolvemento Rural

8008