Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Vigo no que solicita autorización para instalar unha L.M.T., un C.T. e R.B.T. en Castro Castriño, concello de Silleda, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.
O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu,
Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. a instalación dunha L.M.T., un C.T. e R.B.T. en Castro Castriño, concello de Silleda.
Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.
Pontevedra, 4 de outubro de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
8073