Visto o expediente incoado nesta delegación provincial a petición de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con domicilio en Vigo no que solicita autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento da instalación eléctrica de media tensión L.M.T. de C.T. Sampaio a C.T. Trasmañó, concellos de Vigo e de Redondela, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e de acordo co disposto no Real decreto 2634/1980, sobre transferencias de competencias da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de industria, esta delegación provincial, resolveu:
Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. a instalación eléctrica que ten como características principais as seguintes: L.M.T. aéreo-subterránea a 15/20 kV, de 320 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V., e de 4.475 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o C.T. existente en Sampaio ata o C.T. existente de Trasmañó, concellos de Vigo e Redondela.
Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza, para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación do 20 de outubro de 1966.
Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres o seu peticionario non conte coa aprobación do proxecto de execución, logo de cumpri-los trá
mites que se sinalan no capítulo VI do citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.
Pontevedra, 4 de outubro de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
8074