Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 12 de novembro de 1996 Páx. 10.160

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 31 de outubro de 1996, da Comisión Permanente de Selección de Persoal, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a funcionarios, constituída ó amparo do Decreto 252/1992, do 30 de xullo, polo que se fan públicas as listas das escalas de Administración especial da Consellería de Pesca. Marisqueo e Acuicultura, no que se refire ó apartado a) do artigo 12 do dito decreto.

A Resolución do 5 de agosto de 1996 da Dirección Xeral da Función Pública (DOG nº 160, do 16 de agosto), abriu o prazo de presentación de solicitudes para a alteración das listas xa existentes das distintas escalas de Administración especial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura no que se refire ó apartado a) do artigo 12 do Decreto 252/1992, do 30 de xullo.

Rematado este prazo e á vista das solicitudes presentadas, de conformidade co disposto nos decretos 252/1992, do 30 de xullo e 116/1993, do 3 de xuño, procede altera-las listas xa existentes elaboradas segundo o apartado b) do artigo 12 do Decreto 252/1992, para as escalas que a continuación se detallan, que se empregarán con preferencia ás relacións anteriores.

-Escala de inspección pesqueira.

-Escala de axentes de extensión pesqueira.

-Escala técnica de vixilancia pesqueira.

-Escala de subinspección pesqueira.

-Escala de titulados náutico-pesqueiros de vixilancia pesqueira.

-Escala básica de vixilancia pesqueira.

Por todo o exposto, a Comisión Permanente de Selección de Persoal, para a cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo reservados a funcionarios,

ACORDA:

Primeiro.-Facer públicas as relacións de solicitantes para a cobertura con carácter temporal dos postos de traballo das escalas da Consellería de

Pesca, Marisqueo e Acuicultura, sinaladas con anterioridade.

Segundo.-As listas atópanse expostas nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Terceiro.-Os interesados disporán dun prazo de dez días para a emenda de erros, e, se é o caso, formula-las oportunas alegacións, que se dirixirán a Comisión Permanente de Selección de Persoal para prazas reservadas a funcionarios (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Unha vez transcorrido o prazo citado, e se é o caso, levaranse a efecto as emendas procedentes, dándoselle a isto a oportuna publicidade.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 1996.

Loreto Díaz Sánchez

Presidenta da Comisión Permanente de Selección de Persoal

8029