Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 12 de novembro de 1996 Páx. 10.145

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 391/1996, do 31 de outubro, polo que se nomea o delegado da Xunta de Galicia nas sociedades concesionarias de autoestradas de peaxe.

No artigo 1.3º do decreto polo que se constitúe a Delegación da Xunta de Galicia nas sociedades concesionarias de autoestradas galegas de peaxe sinálase que á fronte da delegación estará un dele

gado nomeado polo Consello da Xunta de Galicia por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día trinta e un de outubro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear a Emilio García Gallego como delegado da Xunta de Galicia nas sociedades concesionarias de autoestradas galegas de peaxe.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trinta e un de outubro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

7595