Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 11 de novembro de 1996 Páx. 10.135

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ORTIGUEIRA

ANUNCIO.

O Pleno, en sesión celebrada o día 16 de maio de 1996, aprobou a oferta de emprego público para o dito ano. Publicada no BOE número 155, de 27-6-1996, en sesión plenaria do 27 de setembro de 1996, acordou convoca-la provisión en propiedade dunha praza de animador socio-cultural e encargado do Teatro Municipal, conforme as seguintes

BASES:

Primeira.-Obxecto da convocatoria.

É obxecto da presente convocatoria a provisión en propiedade como funcionario de carreira, polo procedemento de oposición libre, dunha praza vacante de encargado do Teatro Municipal e animador socio-cultural, do grupo D dos establecidos no artigo 25 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de reforma da función pública, encadrada no grupo de Administración especial, subgrupo D, servicios especialis, clase de cometidos especiais do cadro de persoal de funcionarios deste concello, dotada orzamentariamente coas retribucións que corresponden de acordo coa lexislación vixente.

O aspirante que resulte nomeado para esta praza quedará suxeito, desde o momento da toma de posesión, ó réxime xeral de incompatibilidades establecido na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ó servicio das administracións públicas.

A xornada de trballo será a que estableza o concello, de conformidade coa normativa vixente. O horario será o que fixe anualmente o alcalde, atendendo en todo caso á natureza e necesidades específicas do posto.

Segunda.-Requisitos dos aspirantes.

Son requisitos indispensables para tomar parte nesta oposición os seguintes:

a) Ter nacionalidade española.

En canto ós nacionais dos países da Unión Europea, haberá que aterse ó establecido no artigo 48.4º do Tratado da Comunidade Europea e disposicións que o desenvolve, e ó disposto na Lei 17/1993, do 23 de decembro.

b) Ter cumpridos 18 anos de idade e non ter cumpidos os 55; idades ambas referidas ó día no que remate o prazo de presentación de instancias.

c) Estar en posesión do título do graduado escolar formación profesional de primeiro grao ou equivalente, na data de presentación de instancias, ou ter aprobados os estudios para a súa obtención e aboados os dereitos para a súa expedición na mesma data.

d) Non estar separado mediante expediente disciplinario do servicio ó Estado, ás comunidades autónomas ou entidades locais, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

e) Non padecer enfermidade ou defecto físico, nin estar afectado por limitación de capacidade funcional que impida o desempeño das tarefas e funcións habituais do posto de traballo.

Os aspirantes con minusvalidez deberán indicalo na solicitude. Igualmente, deberán solicita-las posibles adaptacións de tempos e medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria.

f) Non estar incurso en ningunha causa legal de incapacidade ou incompatibilidade, de acordo co previsto na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ó servicio das administracións públicas, sen prexuízo para os que ocupan xa un cargo público ou unha actividade privada incompatible de poder exerce-lo dereito de opción a que se refire o artigo 10 da dita lei.

Tódolos requisitos enumerados na presente base deberán terse no día de remate do prazo de presentación de instancias.

Terceira.-Solicitudes:

As solicitudes para tomar parte na oposición, que deberán ir acompañadas da fotocopia do DNI, nas que os aspirantes manifestarán que reúnen tódalas condicións que se esixen na base segunda da convocatoria, e de que, no caso de ser nomeado, comprométese a prestar xuramento ou promesa na forma establecida no Real decreto 707/1979, do 5 de abril, dirixiranse ó alcalde e presentaranse no rexistro

xeral do concello, ou na forma establecida no artigo 38.4º da Lei 30/1992, deo 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante LRXPAC), dentro do prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado, no que constarán os números e datas do Diario Oficial de Galicia e do BOP da Coruña en que aparezan publicadas integramente estas bases.

Os aspirantes quedan vinculados ós datos que fixeran constar nas súas solicitudes.

Os dereitos de exame, que se fixan na cantidade de 3.000 pesetas, serán satisfeitos polos aspirantes o presenta-la instancia, ou na forma prevista no artigo 38.6 daº LRXPAC.

Os dereitos de exame seralles reintegrados, logo da petición, unicamente ós aspirantes que fosen excluídos definitivamente de tomar parte na oposición.

Cuarta.-Admisión de aspirantes.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, a alcaldía-presidencia aprobará no prazo dun mes, a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos, indicando, neste último caso, as causas da exclusión, así como a designación dos membros do Tribunal cualificador, que se publicará no BOP, e no taboleiro de edictos do concello, concedéndose o prazo de dez días hábiles para a emenda de defectos, a teor do artigo 7.1º da LRXPAC.

Transcurrido o dito prazo, a lista provisional entenderase automaticamente elevada a definitiva de non presentarense reclamacións. No caso contrario, serán aceptadas ou rexeitadas na resolución pola que se aprobe a lista definitiva, que se publicará na forma indicada.

Os erros de feito poderán emendarse en calquera momento, de oficio ou por petición do interesado, de conformidade co disposto no artigo 105 da LRXPAC.

Quinta.-Tribunal cualificador.

O tribunal cualificador da oposición, designado conforme o disposto no artigo 4 do Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, estará composto polos seguintes membros:

Presidente: o da corporación ou membro desta en quen delegue.

Vocais: un representante da Comunidade Autónoma de Galicia; un funcionario da corporación nomeado por proposta da mesa negociadora do persoal funcionario do concello; o asistente social do centro de terceira idade deste municipio; un técnico cultural designado polo alcalde por proposta da comisión de persoal; un representante da oposición municipal por proposta dos concelleiros integrantes dela e o secretario xeral do concello.

Secretario: un funcionario do concello designado polo alcalde.

O tribunal quedará integrado, ademais, polos respectivos suplentes que, simultaneamente cos titulares deberán designarse, sen que poida constituírse nin actuar sen a asistencia, como mínimo, do presidente e do secretario, ou dos que legalmente os sustituan, e da metade polo menos, dos seus membros, titulares ou suplentes, se ben estes últimos poderán intervir unicamente no caso de ausencias debidamente xustificadas, non podendo, por tanto, actuar indistinta ou concorrentemente cos titulares. A substitución do presidente no caso de ausencia ou enfermidade do suplente, deberá realizarse polo vocal de máis idade.

Na súa composición velarase polo cumprimento do principio de especialidade, polo que a totalidade dos vocais deberán posuír un nivel de titulación ou especialización iguais ou superiores ós esixidos para o acceso á praza convocada.

O tribunal cualificador podea dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para todas ou algunhas das probas. Os ditos asesores colaborarán co tribunal exclusivamente nos exercicios das súas especialidades técnicas.

Non poderán formar parte como membros do tribunal aqueles funcionarios que realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación da presente convocatoria.

A actuación do tribunal axustarase estrictamente ó previsto nestas bases, quedando facultado para resolve-las incidencias que se produzcan e as dúbidas que se presenten sobre a interpretación destas bases e para adopta-los acordos e resolucións necesarias para mante-la boa orde das probas e, en xeral, no desenvolvemento da convocatoria.

A resolución do tribunal cualificador vinvula a Administración municipal, sen prexuízo de que esta, de se-lo caso, poida proceder á súa revisión, conforme o previsto no artigo 102 e seguintes da LRXPAC.

Contra as resolucións do tribunal cualificador e os seus actos de trámite que impidan continua-lo procedemento ou produzan indefensión, poderán interpoñerse os recursos previstos na LRXPAC.

Os membros do tribunal deberán absterse de formar parte e de intervir, notificándollo á autoridade convocante, cando concorran as circunstancias previstas no artigo 28 da LRXPAC, podendo os aspirantes recusar a aqueles en tales casos.

Sexta.-Comezo e desenvolvemento da oposición.

A orde de actuación dos aspirantes, naqueles exercicios que non poidan realizarse conxuntamente, comezará polo aspirante que resulte elixido no sorteo público que terá lugar no salón de sesións deste concello, ás trece horas, do décimo día hábil anterior ó fixado para o comezo do primeiro exercicio.

A convocatoria do primeiro exercicio da oposición publicarase con dez días naturais de antelación no BOP e no taboleiro de anuncios do concello, indicando data, lugar e hora do exame.

O resto dos exercicios serán anunciados polo tribunal no taboleiro de edictos do concello, con doce horas, como mínimo, de antelación ó comezo das probas, se se trata do mesmo exercicio ou corenta e oito horas se se trata dun novo. Desde a total conclusión dun exercicio ata ó comezo do seguinte deberá transcorrer un prazo mínimo de setenta e dúas horas e máximo de corenta e cinco días naturais.

Os aspirantes, que serán convocados para cada exercicio en chamamento único, presentaranse provistos do seu DNI. Agás nos casos de forza maior, debidamente xustificados, e apreciados libremente polo tribunal. A non presentación dun aspirante a calquer dos exercicios obrigatorios, no momento de ser chamado, determinará automaticamente a pérdida do seu dereito de participar nestes e, en consecuencia, quedará excluído do proceso selectivo.

O tribunal, no caso de que concorra ás probas algún minusválido, poderá logo da solicitude do interesado, proceder ás adaptacións posibles de tempo e medios para a súa realización.

Se en calquera momento do procedemento de selección, chegase a coñecemento do tribunal que algún dos aspirantes carece dos requisitos esixidos na convocatoria, excluirase dela, logo da audiencia do propio interesado, dando conta, de se-lo caso, á jurisdicción ordinaria se apreciase inexactitude fraudulenta na declaración formulada.

Sétima.- Exercicios da oposición.

Os exercicios da oposición serán catro. Os tres primeiros de carácter eliminatorio.

Primeiro exercicio: consistirá en contestar por escrito durante o tempo máximo de dúas horas, un tema de carácter xeral, fixado polo tribunal inmediatamente antes de comezar-lo exercicio e relacionado coas materias comprendidas no programa que acompaña a convocatoria, aínda que non se ateña a epígrafe concreto del, tendo os aspirantes amplia liberdade en canto á forma de exposición.

Neste exercicio valorarase o coñecemento do tema, a claridade e orde de ideas, a facilidade de exposición, a composición gramatical, a achega persoal do aspirante e a capacidade de síntese.

O tribunal poderá acordar que este exercicio sexa lido ante el polos respectivos aspirantes en acto público.

Segundo exercicio: consistirá en expoñer oralmente nun tempo máximo de trinta minutos, tres temas extraídos ó chou de entre os comprendidos

no programa que figura no anexo I: un da parte primeira e dous da parte segunda.

A realización deste exercicio será pública.

Unha vez rematada a exposición, o tribunal poderá dialogar co aspirante sobre materias relacionadas cos temas expostos e solicitar explicacións complementarias. Esta facultade do tribunal non poderá sobrepase de cinco minutos.

Neste exercicio valoraranse os coñecementos sobre os temas expostos.

Terceiro exercicio: consistirá na resolución dun suposto práctico relacionado coas funcións que vai desempeña-lo titular da praza durante un tempo máximo dunha hora, e proposto polo tribunal inmediatamente antes de realizrse o exercicio.

O tribunal poderá acordar que este exercicio sexa lido en público polos aspirantes e pedirlles ó remate da lectura, cantas aclaracións verbais considere necesarias para a xustificación das solucións propostas.

Neste exercicio valorarase o nivel de formación xeral e solución acertada do suposto, claridade e orde de ideas e capacidade de síntese.

Cuarto exercicio: obrigatorio e non eliminatorio. Consistirá en traducir do castelán para o galego sen axuda de diccionario, nun tempo máximo de trinta minutos, un texto elixido polo tribunal inmediatamente antes do inicio do exercicio. Esta traducción será lida ante o tribunal.

Neste exercicio valorarase a corrección na escritura, na lectura e na pronuncia da lingua galega.

Oitava.-Cualificación.

Os tres primeiros exercicios, de carácter obrigatorio e eliminatorio, serán cualificados ata un máximo de dez puntos, quedando eliminados os aspirantes que non alcancen un mínimo de cinco puntos en cada un deles.

O número de puntos que poderán ser outorgados por cada membro do tribunal, en cada un dos exercicios, será de 0 a 10 puntos.

As cualificacións obteranse sumando as puntuacións outorgadas polos distintos membros do tribunal e dividindo o total polo número de asistentes a el, será o cociente a cualificación definitiva.

As cualificacións de cada exercicio faranse públicas o mesmo día, ó final de cada sesión e serán expostas no taboleiro de anuncios do concello.

Co fin de evitar grandes diferencias de puntuación entre os diversos membros do tribunal, nas cualificacións outorgadas por cada un deles non poderá haber unha diferencia igual ou superior a tres puntos. Se así ocorrese, non serán computables a nota máis alta e a máis baixa, puntuando exclusivamente as outorgadas polo resto dos membros do tribunal.

O cuarto exercicio cualificarase de 0 a 2 puntos por cada membro do tribunal.

A orde da cualificación definitiva virá determinada pola suma das puntuacións obtidas nos catro exercicios da oposición.

Novena.-Relación de aprobados e presentación de documentos.

Unha vez rematada a cualificación dos aspirantes, o tribunal publicará no taboleiro de anuncios do concello a relación de aprobados por orde de puntuación, non podendo o tribunal aprobar nin declarar que superaron as probas selectivas un número de aspirantes superior ó de prazas convocadas.

Simultaneamente á súa publicación, o tribunal elevará a relación expresada á alcaldía-presidencia propoñendo o nomeamento correspondente. Ó propio tempo remitiralle a citada autoridade a acta da derradeira sesión.

O aspirante proposto presentará no Negociado de Persoal do concello, dentro do prazo de vinte días naturais contados a partir da publicación da lista de aprobados, os seguintes documentos acreditativos das condicións de capacidade e requisitos esixidos na base segunda da convocatoria.

a) Fotocopia do DNI acompañada do orixinal, para a súa compulsa, de conformidade co Real decreto 1245/1985, do 17 de xullo.

b) Certificado médico oficial acreditativo de non padecer enfermidade ou defecto físico que o incapacite para o normal exercicio da función.

c) Copia autenticada ou fotocopia (acompañada do orixinal para a súa compulsa), do título académico requirido na base segunda, ou xustificante de ter aboado os dereitos para a súa expedición. Se estes documentos estivesen expedidos despois da data na que rematou o prazo de presentación de instancias, deberá xustifica-lo momento no que concluíron os estudios.

d) Declaración xurada de non estar separado mediante expediente disciplinario do servicio de ningunha Administración pública, así como de non atoparse incurso nalgunha das causas legais de incapacidade ou incompatibilidade previstas na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ó servicio das administracións públicas.

Se tivese a condición de funcionario público estará exento de xustifica-las condicións e requisitos xa acreditados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentar unicamente certificación da Administración pública da que dependa, acreditando a súa condición e cantas circunstancias consten no seu expediente persoal.

Se dentro do prazo indicado, e salvo os casos de forza maior, o aspirante proposto non presentase a documentaicón ou dela se deducise que carece dalgún dos requisitos esixidos, non poderá ser nomeado, quedando anuladas tódalas súas actua

cións sen prexuízo da responsabilidade na que puidera incorrer por falsidade na súa instancia ou solicitude de participación.

Décima.-Nomeamento e toma de posesión.

Rematado o proceso selectivo, o aspirante proposto polo tribunal cualificador, será nomeado funcionario de carreira polo alcalde-presidente. O nomeamento deberá publicarse no Boletín Oficial del Estado.

Efectuado o nomeamento, o aspirante deberá tomar posesión no prazo de tres días hábiles, contados desde o seguinte no que lle sexa notificado o nomeamento.

Para a toma de posesión o interesado comparecerá, durante calquera dos días expresados en horas de oito a quince, na Secretaría Xeral do concello; neste momento, e como requisito a extensión da dilixencia que a constate, deberá presta-lo xuramento ou promesa na forma establecida no Real decreto 707/1979, do 5 de abril.

De non tomar posesión, sen causa xustificada, dentro do prazo indicado, non adquirirá a condición de funcionario, perdendo tódolos dereitos derivados das probas selectivas e do subseguinte nomeamento.

Décimo primeira.-Dereito supletorio.

Es todo o non previsto nesta bases serán de aplicación xeral as normas contidas na Lei 7/1995, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, no Real decreto lei 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido de réxime local, na Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, na Lei 23/1988, do 28 de xuño, de modificación da anterior, no Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso de persoal ó servicio da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado e no Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración local.

Para os efectos do previsto no artigo 33.2º do Real decreto 236/1988, do 4 de marzo, sobre indemnizacións por razón do servicio, cualifícase esta oposición na cuarta categoría.

Décimo segunda.-Recursos.

Contra os actos de aprobación das presentes bases e a convocatoria, que esgotan a vía administrativa, poderase interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da súa publicación no BOP ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Unha vez publicada a convocatoria e as súas bases para a modificación, anulación ou revisión destas,

haberá que aterse ó establecido nos artigos 53 e 110.2º da Lei 7/1985 así como ó disposto na LRXPAC.

Ortigueira, 15 de outubro de 1996.

Xesús Varela Martínez

Alcalde

ANEXO I

Primera parte

Dereito constitucional e local

Tema 1. A Constitución española de 1978. Dereitos e deberes fundamentais dos españois. Protección e garantía deses dereitos. O Tribunal Constitucional e o Defensor do Pobo.

Tema 2. A Organización territorial do Estado. Principios xerais. As comunidades autónomas. Organización e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 3. O municipio. Organización e competencias municipais.

Tema 4. Órganos de goberno municipal. O Concello Pleno. A Comisión de Goberno e as comisións informativas: composición e atribucións. Funcionamento dos órganos colexiados.

Tema 5. Afunción pública local e a súa organización. Selección, provisión e promoción do persoal funcionario. Dereitos e deberes dos funcionarios. Incompatibilidades. Retribucións.

Segunda parte

Temas específicos

Tema 1. A política de servicios sociais, culturais e comunitarios. Principios. Obxectivos. Niveis de actuación. Áreas de competencia.

Tema 2. Os servicios socioculturais na Constitución, no Estatuto de autonomía de Galicia e na Lei reguladora das bases locais.

Tema 3. Os servicios sociais e culturais a novel autonómico. Organización e competencias.

Tema 4. A planificación dos sevicios socioculturais. Planificación de obxectivos. Tipo de obxectivos. Obxectivos imperativos.

Tema 5. O proceso de execución. Análise conceptual. Fases do proceso. Recursos técnicos de execución.

Tema 6. Avaliación de programas. Seguimento e control. Metodoloxía do proceso de avaliación. Modelos e técnicas de avaliación. A memoria anual: características, estructura e modelo de realización.

tema 7. Dirección de reunións. Tipoloxía das reunións.Preparación e desenvolvemento das reunións. O papel do conductor da reunión. Avaliación das reunións.

Tema 8. Coñecemento dos grupos e asociacións culturais. Concepto de grupos, asociacións e carac

terísticas. Criterios básicos. Características do grupo e asociación eficiente.

Tema 9. As asociacións. Formación e desolvemento das asociacións culturais. As súas normas medios e fins.

Tema 10. Poder e liderato nas asociacións e nos grupos. Natureza do poder social e cultural. Concepto de liderato. Análises dos distintos estilos do liderato. O liderato situacional. Medición do liderato.

Tema 11. A Comunidade. Marco conceptual. Elementos que a configuran. Axentes de desenvolvemento comunitario.

Tema 12. O desenvolvemento comunitario. Orixes. Marco conceptual. As necesidades e a demanda sociocultural. Tipoloxía da necesidade sociocultural.

Tema 13. Fomento do asociacionismo. Aspectos legais. Tramitación. O papel do asociacionismo na prevención. Funcións e tarefas do animador socio-cultural.

Tema 14. O papel do animador como líder de grupo. Capacitación no dominio das técnicas de grupo. Técnica de fiagnóstico de grupos.

Tema 15. Técnicas de traballo con grupos. Técnicas de traballo con grupos grandes. Técnicas de información con intervención de expertos. Técnicas nas que intevén activamente todo o grupo.

Tema 16. O diagnóstico sociocultural. Variables que inflúen no diagnóstico sociocultural. O diagnóstico sociocultural desde o ámbito ecolóxico. O modelo de investigación do diagnóstico sociocultural. Diagnóstico do modelo de comportamento humano.

Tema 17. A participación cidadá na xestión dos servicios socioculturais: estructura participativa nos niveis autonómico e local.

Tema 18. O voluntariado sociocultural na acción comunitaria: captación, formación e seguimento. Papel do voluntariado nos procesos socioculturais.

Tema 19. Os centros de información e documentación como elementos de dinamización e desenvolvemento comunitario. Fontes de información. Os medios de comunicación social.

Tema 20. Achegas da animación sociocultural ós programas de erradicación da incultura e do analfabetismo.

7731