Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 11 de novembro de 1996 Páx. 10.129

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 1996, pola que se fai público o outorgamento dunha concesión de terreos de dominio público portuario, no porto do Grove (Pontevedra).

Cumpridos os trámites previstos pola Lei 27/1992, do 24 de novembro, de Portos do Estado e da Mariña Mercante, pola Lei 22/1988, de costas, polo seu regulamento, aprobado por Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, e polas demais normas de procedente aplicación, acordouse por Reso

lución do 27 de setembro de 1996, en virtude das atribucións delegadas por orde do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 29 de xaneiro de 1996, outorga-la concesión de dominio público portuario que a continuación se cita, con suxeición ás condicións estipuladas naquel acto.

Porto: O Grove.

Concesionario: concello do Grove.

Obxecto: construcción dun pavillón de deportes naúticos.

Prazo: vinte (20) anos.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 1996.

P.D. (Orde 29-1-1996)

Emilio García Gallego

Presidente do Ente Público Portos de Galicia

7785