A comisión de goberno deste consello, en sesión celebrada o día 5 de novembro do corrente ano, resolveu convoca-la contratación polo procedemento de concurso aberto para a adxudicación do servicio de limpeza do seu edificio, segundo o seguinte detalle:
1. Adxudicador.
Institución: Consello de Contas de Galicia.
Tramitador do expediente: Secretaría Xeral da Institución.
2. Obxecto do contrato.
Descrición: limpeza do edificio sede da institución.
Lugar de execución: rúa Ramón Piñeiro, número 29, en Santiago de Compostela.
Prazo de execución: do 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 1997.
3. Tramitación, procedemento e xeito de adxudicación.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Adxudicación: concurso.
4. Orzamento de licitación.
Importe total: 5.500.000 ptas.
5. Garantías.
Provisional: 110.000 ptas.
6. Obtención de documentación e información.
Consello de Contas.
Rúa Ramón Piñeiro, 29. 15771-Santiago de Compostela.
Teléfono: 54 22 00
Fax: 54 22 40
7. Requisitos específicos do contratista.
Clasificación: non se require.
Outros requisitos: os sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas.
Data límite: 26 días naturais contados a partir da publicación deste anuncio no DOG.
Documentación: a requirida segundo o prego de cláusulas administrativas particulares que rexe para o contrato.
Lugar de presentación: rexistro xeral da institución, rúa Ramón Piñeiro, 29, en Santiago de Compostela.
9. Apertura de ofertas.
No edificio sede da institución, ás 13 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do remate de presentación de ofertas ou o primeiro día hábil seguinte, de coincidir aquel en sábado ou festivo.
10. Gastos do anuncio.
Por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 5 de novembro de 1996.
Carlos Otero Díaz
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia
7738