Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 11 de novembro de 1996 Páx. 10.126

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 10 de outubro de 1996 pola que se aproba o cambio de dominio mortis causa da batea R.S.R. número 4.

Visto o expediente incoado por César Miguens Resua, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa da batea de cultivo de mexillón denominada R.S.R. nº 4, outorgado pola orde ministerial do 29-4-1972, situado na cuadrícula nº 52, do polígono A de Vilagarcía de Arousa, rematando a concesión 9-6-2002, e do que eran titulares José Antonio Miguens Batalla e Juan Resua Piñeiro.

Tendo en conta o informe do Servicio Xurídico e de Planificación e de conformidade co sinalado no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do rexistro de últimas vontades, o testamento liquidado de impostos, a relación de bens debidamente liquidada de impostos e a renuncia os dereitos de herdanza, esta consellería tivo a ben acceder ó solicitado e declarou titular da concesión administrativa e da batea da que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a César Miguens Resua.

O novo titular subrógase no prazo, dereitos e obrigas do anterior queda obrigado a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 10 de outubro de 1996.

P.D. (Orde 27-6-1990)

José M. Gabeiras Vérez

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

9607845