Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 11 de novembro de 1996 Páx. 10.126

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 10 de outubro de 1996 pola que se aproba o cambio de dominio da batea Tucho número 1.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Xurídico e de Planificación, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: Tucho nº 1.

Cultivo: mexillón.

Localización: cuadrícula nº 1, Cambados I.

Data da concesión: 11-3-1964.

Data do remate da última prórroga: 15-4-2004.

Anterior concesionario: González Lago, Francisco e Cardalda Ferro, Elisa.

Novo titular da concesión: González Cardalda, Manuel.

O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 10 de outubro de 1996.

P.D. (Orde 27-6-1990)

José M. Gabeiras Vérez

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

7842