Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 11 de novembro de 1996 Páx. 10.122

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 27 de setembro de 1996 pola que se autoriza a transformación dunha cetaria en estación depuradora de moluscos, sita en Porto Meloxo, O Grove (Pontevedra).

Vista a petición formulada por Juan Manuel Alfonso Outeda e Baldomero Sánchez Cacabelos, con DNI 35.413.612 e 35.387.314, respectivamente, con domicilio para efectos de notificación en Porto Meloxo, 140, O Grove (Pontevedra), na que solicita autorización para transformación en estación depuradora de moluscos do seguinte establecemento:

-Tipo de establecemento: cetaria.

-Especies:

* Lumbrigante (Homarus gammarus), nécora (Macropipus puber), boi (Cancer pagurus), centola (Maia squinado), lagosta (Palinarus elephas).

-Superficie de dominio público: 72,80 m para encanamentos.

-Superficie de dominio privado: 308 m de edificación, con 4 piscinas de 2,50 m x 7,50 m, para estabulación crustáceos.

-Orde de outorgamento: 19-6-1975

-Situación: Porto Meloxo, 140, O Grove (Pontevedra)

-Titulares: Juan Manuel Alfonso Outeda e Baldomero Sánchez Cacabelos.

-Prazo de autorización: remate o 1-8-2005.

Tendo en conta os informes que constan no expediente, o informe favorable emitido polo Servicio Técnico-Xurídico e a proposta da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, esta consellería, facendo uso das facultades que ten conferidas, de conformidade cos artigos 9 e 66 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101 do 31-5-1993),

ACORDA:

Extingui-lo permiso de actividade concedido por Orde do 19 de xuño de 1975 (BOE nº 183, do 1-8-75) a Juan Manuel Alfonso Outeda e Baldomero Sánchez Cacabelos para a posta en funcionamento e explotación dunha cetaria en Porto Meloxo, 140, O Grove (Pontevedra) e outorgarlles ós mesmos titulares e no mesmo emprazamento un novo permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación dunha estación depuradora.

A nova instalación, de acordo co proxecto e planos presentados, axustarase ás seguintes características:

-Tipo de establecemento: estación depuradora.

-Especies: moluscos.

- Superficie:

1. Planta baixa:

* Prelavado: 50,31 m.

* Manipulación e traballo: 74,06 m.

* Almacén: 24,51 m.

* Piscinas depuración (5): 137,89 m.

* Outras zonas servicio: 18,30 m.

* Total planta baixa: 305,07 m.

2. Primeiro andar:

* Aseos e vestiarios: 28,05 m.

* Despacho: 12,62 m.

* Laboratorio: 15,75 m.

* Zona de paso: 34,30 m.

* Almacén: 140,60 m.

* Tanque sedimentación e depuración cloro: 45,45 m.

* Outras zonas servicio: 28,30 m.

* Total primeiro andar: 305,07 m.

* Total superficie construída: 610,14 m.

-Superficie ocupación de dominio público: 72,80 m para encanamentos.

Según el anexo e baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O permiso de actividade outórgase por un prazo que rematará o 1-8-2005, que poderá ser prorrogado a petición dos interesados, por prazos de igual duración ata un total de dúas prórrogas máis.

Para efectos de coordinación interadministrativa, o prazo de vixencia desta autorización, do permiso de actividade e concesión do dominio público, deberán ser coincidentes.

Segunda.-Os titulares do presente permiso de actividade deberán dar comezo ás obras no prazo de seis (6) meses contados desde a notificación da presente orde, debendo quedar totalmente terminadas no prazo de un (1) ano.

Concluídas as obras, o titular do permiso comunicará tal feito á Delegación Territorial da consellería en Vigo, para efectos de practica-la correspondente inspección delas, da que se emitirá o correspondente informe.

Terceira.-O titular queda obrigado a conservar e mante-las obras que constitúen a instalación en perfecto estado de conservación e utilización.

Cuarta.-Os titulares do presente permiso non poderán destina-lo establecemento a usos ou actividades distintos dos previstos nel.

Quinta.-Sen prexuízo das causas de caducidade previstas na autorización da concesión de ocupación do dominio público marítimo-terrestre pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (Grupo de Portos de Pontevedra), que será vinculante para esta consellería, o presente permiso de actividade extinguirase polo incumprimento dalgunha das condicións desta orde e nos casos previstos no artigo 72, da Lei 6/1993, do 11 de maio, de oesca de Galicia.

Sexta.-Os titulares desta orde non poderán modifica-las instalacións agás que medie autorización desta consellería.

Sétima.-Os titulares teñen a obriga de cumprir canto dispón a Lei 6/1993 citada e o Real decreto 308/1993, do 26 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento técnico-sanitario que fixa as normas aplicables á comercialización dos moluscos bivalvos vivos (BOE nº 76 do 20-3-1993) e demais normas concordantes.

Oitava.-O titular xustificará o pago á Facenda pública do imposto que grava as concesións e autorizacións (transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados) ou acreditará a declaración de non estar suxeito o acto ó dito imposto, feita pola Delegación de Facenda ou oficina liquidadora correspondente.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 1996.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

7637