Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 11 de novembro de 1996 Páx. 10.119

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente S.X.P.A. IN407A 96/131-2-4612 A.T.).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Pousada e Vilanova.

Situación: O Corgo.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56, sobre postes de formigón, cunha lonxitude de 1.532 metros. Centro de transformación de 50 kVA 20.000/398-230 V±2,5%±5% V, sobre poste de formigón en Vilanova. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-25, cunha lonxitude de 272 metros, para mellora do servicio eléctrico en Pousada e Vilanova, concello do Corgo.

Orzamento: 6.610.325 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 27 de setembro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9607693