Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 11 de novembro de 1996 Páx. 10.112

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 15 de outubro de 1996 de notificación das resolucións recaídas nos expedientes sancionadores 4.1/93 II (B) e 76.4/94 (B), por infraccións á lexislación de costas.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, notifícase ás persoas que se relacionan no anexo, as resolucións do delegado desta consellería en Pontevedra, recaídas nos expedientes sancionadores, polos feitos sinalados, constitutivos dunha infracción á Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas (en adiante L.C.) e ó seu Regulamento xeral para desenvolvemento e execución da L.C., aprobado polo R.D. 1471/1989, do 1 de decembro, e modificado polos RR.DD. 1112/1992, do 18 de setembro e 1771/1994, do 5 de agosto (en adiante R.C.).

Contra as presentes resolucións pódese interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 15 de outubro de 1996.

Guillermo Sáez Díaz

Xefe do Servicio Provincial de Costas

ANEXO

-Expediente: 4.1/93 II (B).

Denunciado: Francisco Míguez Silva.

Último enderezo coñecido: r/ Rosalía de Castro, nº 28-1º C, Vilagarcía de Arousa.

Feitos sancionados: construcción dun galpón, no lugar de Punta Grandoiro, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Preceptos infrinxidos: artigos 25.1º a), 25.2º e 26.1º da L.C. e artigos 45.1º a), 46.1º e 48.1º do R.C.

Preceptos sancionadores: artigos 90 c), 91.2º e) e 97.1º b) da L.C., e artigos 174 c), 175.2º e) e 183 b) do R.C.

Cualificación da infracción: grave.

Sanción: 122.951 ptas.

Medidas correctoras: ó abeiro dos artigos 95.1º da L.C. e 179.1º do R.C. o infractor estará obrigado á restitución das cousas e reposición ó seu estado anterior, debendo realizalo no prazo dun mes, desde que a resolución sexa firme, en vía administrativa.

-Expediente: 76.4/94.

Denunciado: Enrique Gómez Quinteiro.

Último enderezo coñecido: r/ Pereiras, nº 19, Samil, 36212 Vigo.

Feitos sancionados: ampliación e reconstrucción en vivenda unifamiliar, no lugar de Praia de FoxosA Lanzada, termo municipal de Sanxenxo.

Preceptos infrinxidos: artigos 25.1º a), 25.2º e 26.1º da L.C. e artigos 174 c), 175.2º e) e 183 b) do R.C. en relación co 184 do R.C.

Cualificación da infracción: grave.

Sanción: 758.305 ptas.

Medidas correctoras: ó abeiro dos artigos 95.1º da L.C. e 179.1º do R.C. o infractor estará obrigado á restitución das cousas e reposición ó seu estado anterior, debendo realizalo no prazo dun mes, desde que a resolución sexa firme en vía administrativa.

7905