Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 08 de novembro de 1996 Páx. 10.076

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO SAVIÑAO

EDICTO.

O Concello Pleno, na sesión celebrada o pasado día once, acordou levar a termo a modificación das normas de planeamento municipal vixentes, así mesmo a suspensión de outorgamento de licencias de parcelación de terreos, edificacións e demolicións, durante o prazo dun ano, nas seguintes áreas, co fin de estudia-la súa reforma.

Área de Mondavide: ámbalas marxes das rúas Mondavide e Blanco Amor.

Área da Cova: franxa de 100 metros paralela a marxe esquerda do río Miño e comprendida entre o límite deste municipio cos de Pantón e Portotide.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 102.1º da Lei sobre réxime so solo e ordenación urbana.

O Saviñao, 13 de setembro de 1996.

O alcalde

Rubricado

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273