Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 08 de novembro de 1996 Páx. 10.076

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública da modificación puntual número 9 do PXOU de Vigo, pola que se modifica a ficha de características do PAU Universidade.

O Pleno deste Concello, en sesión celebrada o día 19 de xullo de 1996, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente a modificación puntual nº 9 do PXOU de Vigo, pola que se modifica a ficha de características do PAU Universidade, segundo a documentación do expediente 4021/411 redactado pola oficina municipal de planeamento.

Segundo.-Somete-lo expediente ó trámite de información ó público polo prazo dun mes, mediante a publicación de anuncios no DOG, BOP, nun dos xornais de maior circulación da provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

Terceiro.-Solicita-lo preceptivo informe da Deputación Provincial de Pontevedra.

Cuarto.-Concluída a tramitación do expediente e inmediatamente antes da aprobación definitiva, darase traslado á CPTOPV do expediente completo tramitado, interesando o informe previsto no artigo 8 da Lei 7/1995, do Parlamento de Galicia, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo.

O que se fai público para xeral coñecemento, coa indicación de que a documentación está ó dispor dos interesados na oficina municipal de información (planta baixa da Casa do Concello) pra exame e alegacións.

Vigo, 29 de agosto de 1996.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

6917