Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 08 de novembro de 1996 Páx. 10.071

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 1996, da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compsotela, pola que se anuncia o concurso público 3/1996, para a subministración dun vehículo.

A Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (DOG nº 111, do 6 de Xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público polo procedemento

aberto polo trámite urxente para a subministración dun vehículo:

1. Obxecto e orzamento.

1.1. A adquisición dun vehículo concurso público 3/1996, por un orzamento de tres millóns cincocentas mil pesetas, (3.500.000 ptas.), IVE incluído.

2. Prazo de execución.

O ben obxecto do presente concurso público entregaráse no prazo de trinta días contados a partir da data de formalización do contrato.

3. Admisión de variantes.

Non se admiten.

4. Solvencia económica e financeira.

Acreditarase mediante calquera dos medios sinalados no artigo 16.1º da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

5. Solvencia técnica.

Acreditarase mediante calquera dos medios sinalados no artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

6. Criterios de adxudicación.

Os establecidos na cláusula décimo primeira do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o presente concurso.

7. Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria poden ser solicitados na Sección de Contratación Administrativa da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, sita na rúa Santiago León de Caracas, nº 12 C.P. 15701, nos días de luns a venres dende as 9 ata as 14 horas, ou ó teléfono (981) 59 36 23, Ext. 217 e fax (981) 59 66 20, durante o prazo de admisión das proposicións.

8. Fianza provisional: o 2% do orzamento da licitación, que se constituirá conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de proposicións.

As proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Rexistro Xeral da Xerencia, antes das catorce horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

10. Apertura de proposicións.

A apertura das proposicións admitidas, realizaraa a mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria de Santiago, ás 10 horas do undécimo día natural contado a partir do seguinte aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o mencionado día coincida en sábado ou festivo,

a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

11. Documentación que deberán presenta-los licitadores.

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Anuncios.

Os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 1996.

Manuel Domínguez Sardiña

Director Xerente da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela

7723