Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 08 de novembro de 1996 Páx. 10.071

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 25 de outubro de 1996 de notificación de nova data de desaloxo da vivenda de Jesús Teixeira Jiménez (expediente PO-83/440, conta 87).

Pola presente cédula, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Jesús Teixeira Jiménez, adxudicatario da vivenda do expediente PO-83/440, correspondente á conta 87 sita na Avda. de Galicia nº 65, portal 12-4º E de Vigo, que ante a imposibilidade de levar a cabo o desaloxo na data e hora inicialmente previstas, procederase a executalo o vindeiro día 14 de novembro, ás 11 horas.

Para este acto comparecerán no seu domicilio Manuel Villaverde Fernández ou Emilio Palacios Rivera, da empresa colaboradora na xestión e recadación de vivendas da Xunta de Galicia, Hnos. Alonso Garrán, S.L., debidamente autorizados con credencial asinada para o efecto polo director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, co auxilio das forzas de seguridade, e en virtude da autorización xudicial concedida para a entrada en domicilio de particulares polo Xulgado de Instrucción número cinco da Coruña.

Para poder realiza-lo dito acto, poderá facer efectiva a débeda pendente maila recarga establecida, en calquera momento anterior ó desaloxo.

Poderá así mesmo deixar voluntariamente a vivenda que ten adxudicada, facendo entrega das chaves na Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 1996.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

8130