Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 08 de novembro de 1996 Páx. 10.066

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa dunha planta de coxeración que se cita. (Expediente 714/1996 R.C.I. 15/18067).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Depuración Destilación Reciclaje, S.L. (D.D.R., S.L.), con domicilio social en Agueiros, municipio de Boiro (A Coruña), para a autorización administrativa da instalación que se executará na factoría da empresa situada no anterior enderezo.

Planta de coxeración coas características seguintes:

Unha central de coxeración grupo D composta polos seguintes elementos:

-Catro motores alternativos de combustión interna en ciclo diesel, que funcionan con fuel oil e cunha potencia bruta de 3.675 kW mecánicos cada un.

-Catro xeradores síncronos trifásicos de 3.750 kVA cada un, cunha tensión de xeración de 6 kV.

-Un centro de transformación de 20/6 kV, con catro transformadores de 4 MVA tipo interior.

-Instalacións complementarias de aproveitamento de calor, de regulación e control de todo o sistema e interconexión coa rede da compañía eléctrica distribuidora.

Orzamento: 685.000.000 de ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 10 de outubro de 1996.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-7741