Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 08 de novembro de 1996 Páx. 10.055

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO de poxa (123/1995).

O xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira fai saber: que neste xulgado se tramita xuízo executivo número 123/1995, por instancia de Caixa de Aforros de Galicia, representada polo procurador Ricardo García Piccoli Atanes, contra Moisés Silva Pensado, con domicilio na Riba (A Baña) e María Alvite Durán, con domicilio na Riba (A Baña) e, en exeución de sentencia dictada neles, anúnciase a venda en pública poxa en quebra, polo termo de vinte días, dos bens inmobles embargados á parte demandada, que foron taxados pericialmente na cantidade de 4.570.020 pesetas, o seuremate terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa do Carme, nº 3, baixo, do respectivo día sinalado, na forma seguinte:

En primeira e única poxa, o vindeiro día 17 de decembro, ás 12 horas, sen suxeición a tipo, baixo as seguintes condicións:

1. O tipo do remate será o do valor dado ós bens, sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2. Para tomar parte na poxa, deberán consignar previamente os licitadores, polo menos, o 20% do tipo do remate no esablecemento destinado para o efecto (Banco Pastor de Negreira, conta de depósitos e consignacións nº 100.444, xuízo executivo nº 123/1995).

3. Soamente o executante lle poderá cede-lo remate a terceiro.

4. Poderán facerse ofertas por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositándoo na mesa do xulgado, xunto co prego, o resgardo acreditativo do ingreso do importe descrito no punto nº 2.

5. O executante poderá tomar parte na poxa e mellora-las ofertas que se fixesen, sen necesidade de designa-lo depósito prevido.

6. As cargas e gravames anteriores e os diferentes, se os houber, ó crédito do demandante continúan subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade destes, sen que se destine á súa extinción o prezo do remate.

7. Que por instancia do demandante, poderán reservarse os depósitos daqueles ofertantes que cubrisen o tipo de poxa e o admitan, para efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise as súas obrigas, poida aprobarse o remate a favor dos que lle sigan, pola orde das súas respectivas ofertas.

8. Que os títulos de propiedade, suplidos por certificación rexistral, estarán de manifesto na secretaría deste xulgado, e os licitadores deberán conformarse con eles, e non terán dereito a esixir ningún outro; que así mesmo, estarán de manifesto os autos, e que as cargas anteriores e as preferentes, se as houber, ó crédito do demandante continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante as acepta e queda subrogado na responsabilidade destas, sen que se destine á súa extinción o prezo do remate.

O predio obxecto de licitación e que sae nun só lote é o seguinte:

Urbano. Casa dunha soa planta e terreo unido, sita no nº 11 do lugar de Vigobo, concello da Baña, dunha superficie aproximada de 117 m e 111 m o terreo (superficie catastral: 0006000300NII15II0000 PP).

E para que así conste e lles sirva de notificación ó público en xeral e os demais demandados en particular, expídese o presente edicto para a súa publicación no BOP.

Dado en Negreira, 28 de outubro de 1996.

O xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

7760