Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 07 de novembro de 1996 Páx. 9.997

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente S.X.P.A. IN407A 96/130-2-4611 A.T.).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Denominación: L.M.T. Subt. cerre do anel na rúa Calvo Sotelo.

Situación: Ribadeo.

Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 540 metros, realizada con conductor D.H.V. 15/25 kV, de 1x150 mm Al, para cerre do anel na rúa Calvo Sotelo en Ribadeo.

Orzamento: 2.557.000 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 27 de setembro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

7422