Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 07 de novembro de 1996 Páx. 9.997

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente S.X.P.A. IN407A 96/128-2-4609 A.T.).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Denominación: L.M.T. Subt. e C.T. en edificio Medusa-Rúa Rafael Lobeto.

Situación: Burela.

Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, con cable D.H.Z.1 12/20 kV, de 1x150 mm Al, con unha lonxitude de 198 metros. Centro de transformación de 400 kVA 20.000±2,5%±5%/400-231 V, para dar servicio eléctrico o edificio Medusa, Rúa Rafael Lobeto en Burela.

Orzamento: 7.147.935 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 26 de setembro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9607465