Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 07 de novembro de 1996 Páx. 9.993

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se declara a utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 16/1992 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial, a petición da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Vigo, solicitando declaración, de utilidade pública, para o establecemento dunha L.M.T. ó C.T. de Mato, concello de Lalín, coas seguintes características:

L.M.T., aérea, a 20 kV, de 577 m de lonxitude, con conductor tipo LA-30, sobre apoios de formigón, desde o poste n. 19 da L.M.T. Bendoiro-Meixome-Berres ata o C.T. de Mato, concello de Lalín, que ten como data de autorización administrativa o 27-7-1992 (expediente 16/1992 A.T.) e cumpridos os trámites regulamentarios ordeados no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolveu:

Declarar, a utilidade pública da instalación elétrica que máis arriba se cita, ós efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas e o seu regulamento de aplicación do 20 de outubro de 1996.

Pontevedra, 23 de setembro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

7705